publicidade hoxe

A Xunta financia a metade do custo anual dos 29 GES e 4 servizos municipais da Comunidade cun investimento de 4,8 M€ este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBriónGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe en Brión o apoio da Xunta ao funcionamento dos 29 Grupos de Emerxencias Supramunipais (GES) e os 4 servizos municipais de emerxencias da comunidade, cunha achega este ano de 4,8 millóns de euros,o que supón a metade do seu custo total anual. Así o destacou na súa visita aos efectivos do GES de Brión, do que o Goberno galego financia tamén a metade do seu custo con 280.000 euros anuais.

O Goberno galego incrementou en 300.000 euros o financiamento destes grupos debido á incorporación dos novos creados o ano pasado no marco da Comisión de Seguimento dos GES da que forman parte a Xunta, as deputacións e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Trátase 5 novos GES -2 na provincia de Ourense con sedes en A Veiga e Maceda e 3 na de Pontevedra con bases en A Lama, A Cañiza e Mos/Redondela, este último cunha subsede en cada un dos dous municipios- xunto co servizo municipal de Noia.

Alfonso Rueda explicou que estes novos grupos axudarán a completar o mapa de emerxencias da comunidade garantindo unha cobertura en todo o territorio. Nesta liña, coa decisión de mellorar o servizo municipal de Noia -explicou-, non só se melloran os tempos de resposta nos concellos que pasa a atender -Noia, Porto do Son e Lousame- senón que se conseguen os mesmos obxectivos para o GES Santiago-A Barcala con sede en Brión ao liberalo de carga de traballo. De feito, ata agora o concello noiés estaba cuberto por este GES de Brión, que verá reducida o seu radio de cobertura, tendo en conta que abarca unha poboación atendida por riba da media.

O vicepresidente primeiro da Xunta reafirmou o compromiso da Xunta para continuar a apoiar aos servizos de emerxencia da comunidade coa dotación de equipamento, como se demostra cos máis de 20 millóns de euros cedidos nos últimos anos aos concellos en material para os GES e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). O Goberno galego tamén colabora na formación dos efectivos de emerxencias na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para contar –asegurou- con profesionais ben equipados e preparados. Ademais, apelou á colaboración cos concellos e deputacións co obxectivo de traballar xuntos por unha Galicia máis segura e garantir unha actuación máis áxil e eficiente nas intervención de emerxencias.

Na súa visita, incidiu en que os GES son precisamente un exemplo de cooperación entre administración nun ámbito tan importante como as emerxencias. A colaboración da Xunta co concello de Brión inclúe outras actuacións en infraestruturas municipais e melloras ambientais que supuxeron nos últimos anos un investimento de máis de 1,1 millóns de euros. Así, resaltou o apoio do Goberno galego a iniciativas dos concellos que permitan mellorar a calidade de vida dos seus veciños e puxo tamén como exemplo de colaboración entre os propios municipios para reducir custos á Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza, da que forma parte Brión. A Xunta financiou parte do seus gastos funcionamentos e o equipamento necesario para o complexo medioambiental da Serra do Barbanza, desinado á xestión integral dos residuos dos concellos mancomunidade que comparten este servizo.

5 de xullo de 2021 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.