publicidade hoxe

A Xunta apoia con 200.000 euros ás asociacións de autónomos con axudas para financiar a súa actividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas destinada a apoiar ás asociacións de autónomos de Galicia. A Xunta inviste un total de 200.000 euros a este programa destinado a financiar parte dos gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios. O obxectivo é, polo tanto, apoiar o movemento asociativo das persoas traballadoras autónomas na defensa dos seus intereses.

A Consellería de Emprego e Igualdade apoia, a través desta iniciativa, os gastos de persoal; arrendamentos de locais; servizos profesionais independentes; primas de seguros; actuacións de publicidade; compra de material de oficina, fotocopias e imprenta; gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web; cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais; gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención; gastos de renting; e aqueles ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo.

Poderase financiar ata o 90% dos gastos subvencionables, polo que o 10 % restante correrá por conta da entidade beneficiaria. A contía máxima da axuda non poderá exceder a cantidade de 55.000€.
Esta medida sumarase a outras iniciativas que se convocarán proximamente para axudar ás persoas traballadoras por conta propia e que en global -incluída esta orde de axudas ao asociacionismo- supoñen un investimento de preto de 20 millóns de euros. En concreto, ademais deste programa que se publica hoxe no DOG, activaranse o Bono Autónomo, axudas para a promoción do emprego autónomo coas que se apoia o inicio de actividade; as destinadas a impulsar a contratación indefinida de persoas asalariadas, do primeiro, segundo e terceiro traballador; e os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

É preciso lembrar, ademais, que aínda se poden solicitar os apoios do terceiro Plan de rescate, que conta cun orzamento de 234,4 millóns, que unido aos dous primeiros plans suman un investimento de 416 millóns.

1 de xullo de 2021 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.