Sanidade establece o nivel alto de restricións nos concellos de Carnota e Sarria
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Carnota e Sarria.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 3 de xullo.