publicidade hoxe

A Xunta convoca en Silleda a máis de 2.600 persoas para as probas de competencias clave

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSilleda
A-
A+

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca este sábado 26 e domingo 27 de xuño a máis de 2.600 persoas na Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda (Pontevedra) para a realización das probas en competencias clave nos niveis 2 e 3 na súa décimo quinta edición. Estas probas estan concibidas para aquelas persoas que non teñen ESO ou Bacharelato e desexan ter acceso á Formación Profesional para o Emprego.

Estes exames teñen por obxectivo contribuír á capacitación laboral e mellora na inserción no mercado de traballo das persoas inscritas, xa que a superación das probas permite acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

Na edición deste 2021 realizaranse un total de 10.733 probas, xa que cada persoa solicitante pode realizar ata 4 exames tanto no nivel 2 coma no nivel 3. Os resultados provisionais e definitivos destas avaliacións estarán dispoñibles na última semana do mes de xullo na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade.

As probas deste ano constan de todas as garantías sanitarias e de prevención segundo a normativa vixente, cun operativo de 80 persoas que vixiarán pola seguridade das persoas convocadas.
Galicia é pioneira desde o ano 2009 na realización destas probas de avaliación centradas nas competencias de lingua castelá, lingua galega, inglés e matemáticas, contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento requiridos para todas as especialidades formativas e laborais.

A capacitación para o emprego a través da facilitación do acceso á Formación Profesional para o Emprego e da súa calidade, ademais da continúa formación e capacitación profesional das traballadoras e traballadores ao longo da súa vida laboral, son dous dos principais eixos de actuación do Executivo autonómico, cun total de 36.276 galegas e galegos convocados nas últimas 15 edicións destas probas.

24 de xuño de 2021 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.