publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Once portos deportivos galegos reciben o distintivo de calidade Bandeira Azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Once portos deportivos galegos, dez deles de titularidade autonómica e un estatal, veñen de ser galardoados co distintivo de calidade Bandeira Azul que cada ano outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) de cara á tempada estival.

Nesta edición de 2021 recibiron Bandeira Azul as dársenas de Ribadeo, Real Club Náutico de Portosín, Real Club Náutico da Coruña, Sadamar, Club Náutico de Sada, Club Náutico Boiro, Cangas, Real Club Náutico de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo, Monte Real Club de Iates de Baiona e Club Náutico de Portonovo.

Como ente xestor do sistema portuario autonómico, Portos de Galicia felicita aos xestores destas instalacións náuticas por este recoñecemento e valora o esforzo realizado polos clubs náuticos, marinas e empresas especializadas para cumprir cos esixentes parámetros avaliados para acceder ao distintivo. Neste sentido, o ente presidido por Susana Lenguas lembra que, coa súa obtención, os xestores náuticos sitúan as instalacións galegas como referentes estatais no sector da náutica de recreo.

A distinción Bandeira Azul certifica a calidade das instalacións náuticas en diversos aspectos como a prestación de servizos de calidade aos usuarios, a ordenación e limpeza das instalacións portuarias, a elaboración de programas de sensibilización ambiental ou a implantación de sistemas de xestión ambiental.

13 de maio de 2021 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.