publicidade hoxe

O período hábil xeral para exercer a actividade cinexética estenderase do 17 de outubro ao 6 de xaneiro de 2022

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para a tempada 2021-2022.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural elaborou esta norma que ten como obxectivo regular outros aspectos como as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na comunidade.

Segundo se recolle na resolución, a vindeira tempada de caza abranguerá desde o 1 de agosto deste ano ata o 31 de xullo do 2022, establecéndose como período hábil xeral para exercer a actividade o comprendido entre o 17 de outubro deste ano e o 6 de xaneiro do ano próximo, ambos incluídos. Así mesmo, como en tempadas anteriores, considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos, tanto estatais como autonómicos.

Unha das novidades da nova tempada 2021-2022 é que se levanta a prohibición de cazar e adestrar cans e aves de cetraría nos terreos do monte veciñal en man común de Xián, Furiño, Gándara. A Ribeiratorta e Reboredo, localizados nas parroquias de Colúns e Arcos, no concello de Mazaricos.

Asemade, por réximes de especies, prohíbese un ano máis a caza da rula común (Streptopelia turtur) en todo o territorio galego, seguindo co plan de xestión adaptativo para a nova tempada.

5 de maio de 2021 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.