publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destaca a oportunidade que ofrecen os fondos Next Generation para o sector alimentario galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro con empresas galegas do sector da alimentación convocadas polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) para abordar as oportunidades que ofrecen os fondos Next Generation para este ámbito produtivo e para o desenvolvemento económico e social de Galicia en xeral.

A reunión, realizada por videoconferencia, forma parte da rolda de encontros que a Xunta de Galicia está a manter coas empresas agrupadas en distintas agrupacións empresariais galegas, como a xa realizada coas asociadas ao Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e as que se levarán a cabo proximamente coas pertencentes ao Clúster TIC Galicia e a Viratec, ou o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular.

No encontro de hoxe Guldrís subliñou que a colaboración público-privada é a maneira máis eficaz de optimizar os recursos europeos e por iso a Xunta traballa desde hai meses co tecido produtivo galego e outros axentes económicos para que a proposta definitiva que Galicia presente ao Goberno central sexa a que máis garantías de éxito ofreza na captación e impulso de proxectos tractores e estratéxicos.

O director do Igape lembrou, ademais, que a candidatura galega busca aproveitar a oportunidade excepcional que as partidas europeas supoñen para impulsar a transformación dixital, a transición enerxética e industrial e a cohesión social e territorial de Galicia. Engadiu que outros dos criterios fundamentais no deseño da proposta é involucrar de xeito activo ás pemes no desenvolvemento dos investimentos e os proxectos definitivos para que sexan as principais beneficiarias dos fondos.

12 de maio de 2021 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.