publicidade hoxe

Os datos de vacinación en Galicia fronte á covid reflicten unha redución do 88,4% da taxa de positividade nas persoas que recibiron a pauta completa fronte a un 47,2% dos que recibiron so a primeira dose

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de realizar un estudo sobre a efectividade e o impacto da vacina fronte á covid, como parte do proceso do Plan de Vacinación fronte ao coronavirus. Os datos analizados abranguen a persoas que a día 27 de decembro, data no que se iniciou o proceso de vacinación, non tiveran ningunha proba diagnóstica positiva.

O seguimento dos datos son ata o día 17 de marzo de 2021, considerándose 936.425 resultados de probas diagnósticas e logo de administrarse 349.848 doses vacinais (11.194 de Moderna, 73.666 de AstraZeneca e 264.988 de Pfizer), e recibindo 250.226 persoas, polo menos, a primeira dose, e 99.622 persoas a pauta completa.

Os resultados do estudo do Sergas reflicten que, nas persoas cunha única dose, o descenso da taxa de positividade resulta do 47,2%. Este descenso é moito máis acentuado nas persoas que recibiron unha pauta vacinal completa, cun descenso global do 88,4%.

A obtención de datos da efectividade do proceso de vacinación resulta esencial para establecer as estratexias do control global da enfermidade e realizar axustes das políticas de vacinación.

En base aos datos obtidos, a Xunta de Galicia estima conveniente seguir co intervalo actual de vacinación aos maiores de 70 anos.

20 de abril de 2021 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.