publicidade hoxe

A Xunta licitará este mes o equipamento da residencia de maiores de Cerdedo, en cuxa ampliación investiu máis de 2 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobadeLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
A conselleira Fabiola García na visita ás instalacións

A conselleira Fabiola García na visita ás instalacións

A Xunta licitará este mes o equipamento da residencia de maiores de Cerdedo, en cuxa ampliación investiu máis de 2 millóns de euros. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este centro que duplicou o número de prazas, ao pasar de 18 ás 48 actuais.

Fabiola García remarcou que a creación destas novas prazas non só permitirá ampliar o servizo senón melloralo. Mostra diso é que as antigas instalacións destinaranse integramente a centro de día, no que se manterán as 30 prazas actuais con máis espazo.

O novo edificio no que se situará a residencia contará tamén cunha maior amplitude ao distribuírse en 24 habitacións dobres con baños propios, así como cunha área de administración, área de atención especializada e outra de servizos xerais como lavandería ou mantemento.

20 de abril de 2021 | 09:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.