publicidade hoxe

A Xunta formaliza unha emisión de débeda con rendibilidade negativa por 150 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de formalizar unha emisión de débeda con rendibilidade negativa por importe de 150 millóns de euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta emisión de bonos cun tipo de xuro cero.

Hai que lembrar que Galicia volveu aos mercados no ano 2019 pola mellora das condicións que estes ofrecen e porque non tivo que acollerse aos mecanismos de axuda do Estado.

A comunidade pechou o 2020 cun diferencial de débeda coa media autonómica de 7,2 puntos, o máximo da serie histórica, segundo os datos publicados polo Banco de España, e foi a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento, cun 19,9% de ratio débeda/PIB, fronte ao 27,1% da media das CC.AA.

Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, e esta redución da ratio de endebedamento nos últimos exercicios fai que estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para seguir combatendo a pandemia; impulsar a reactivación económica e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.

30 de abril de 2021 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.