publicidade hoxe

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que máis rápido pagou as súas facturas en agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

Galicia pechou o mes de agosto sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 14,46 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.

Ao peche do mes de agosto, o período medio de pago de Galicia situouse en 14,46 días, 20 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 34,90 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a comunidade con menor débeda comercial de España xunto con Murcia. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de agosto no 0,10%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,36%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 3.938 millóns de euros, dos que 56 millóns –o 1,4%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2020 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

22 de outubro de 2020 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.