O 061 de Galicia asistiu a 49 persoas por 39 accidentes de circulación na fin de semana
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 49 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 23 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 25 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 15 sinistros de tráfico.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 39 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 49 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.
Por provincias, A Coruña rexistrou 18 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
A Coruña: 18
Lugo: 4
Ourense: 2
Pontevedra: 15
Total Galicia: 39
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 50. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 40 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes.
En 37 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.