publicidade hoxe

Fabiola García defende o persoal das residencias e reivindica o “realismo e responsabilidade” na xestión sociosanitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Intervención da conselleira Fabiola García

Intervención da conselleira Fabiola García

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu esta tarde no Parlamento de Galicia o persoal das residencias e reivindicou “realismo e responsabilidade” na xestión sociosanitaria da pandemia da covid-19. A titular do departamento autonómico salientou, durante unha comparecencia para informar sobre o impacto do coronavirus nos centros residenciais, o esforzo e a profesionalidade do persoal das residencias e do persoal sanitario, a “quen lles tocou combater a pandemia desde a primeira liña”.

Fabiola García subliñou na súa intervención que actualmente o 99% das residencias de maiores de Galicia non teñen ningún caso de coronavirus entre os seus usuarios. A conselleira de Política Social engadiu, neste senso, que a intervención das residencias por parte da Xunta responde sempre a criterios estritamente sanitarios que buscan garantir a calidade asistencial dos seus usuarios, e desbotou calquera outro razoamento, tanto de tipo político como empresarial, na toma de decisións.

Formación do persoal
Ademais, asegurou que Galicia está hoxe “máis preparada para facer fronte a unha enfermidade infectocontaxiosa”: cun persoal máis formado, cunha mellor atención integral, con protocolos de prevención e seguridade, cun subministro de material de protección estable e centralizado na Xunta de Galicia, con inspeccións de servizos sociais rutineiras e extraordinarias e con cribados quincenais de todos os profesionais das residencias.

Así e todo, a conselleira destacou a vontade do Goberno galego de continuar mellorando a atención residencial por parte da Xunta de Galicia coa elaboración do novo modelo de residencias, que será dialogado cos expertos sociosanitarios e cos profesionais do sector, e a creación da nova Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria.

7 de outubro de 2020 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.