publicidade hoxe

A Xunta intervén a residencia de maiores Domusvi Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaRibadumia
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia Domusvi Ribadumia, co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta proteción da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo de profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde está xa desprazado no centro e ocúpase de facer un seguimento médico permanente sobre a situación dos residentes, así como de vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.

A residencia xeriátrica Domusvi Ribadumia rexistra, a día de hoxe, 25 casos positivos de coronavirus: 20 entre os usuarios e 5 en traballadores.

28 de outubro de 2020 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.