publicidade hoxe

A Policía Autonómica levou a cabo 29 inspeccións e tramitou 11 denuncias na provincia da Coruña nos operativos relacionados co cumprimento das medidas ante a covid-19

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 41 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Realizáronse 29 inspeccións en 10 concellos da provincia desde o pasado venres ata o luns, nas que se tramitaron 11 denuncias e houbo 18 persoas identificadas.

Os dispositivos tiveron lugar nos municipios de Ames, Arteixo, Cambre, A Coruña, Culleredo, Dodro, Rianxo, Sada, Oleiros e Santiago de Compostela. Os axentes levaron a cabo no conxunto da comunidade un total de 215 inspeccións en 29 concellos, que deron como resultado 114 denuncias e 346 identificacións. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.

14 de outubro de 2020 | 14:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.