publicidade hoxe

O 061 de Galicia asistiu a 78 persoas por 63 accidentes de circulación durante a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 10 de xullo, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de xullo. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con 26 sinistros de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 80 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 78 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 72% e do 28% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 35,5% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 34 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 19
Lugo: 3
Ourense: 7
Pontevedra: 34
Total Galicia: 63

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en cinco ocasións.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 17 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

13 de xullo de 2020 | 14:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.