Activo un incendio forestal no concello de Vimianzo, parroquia de Berdoias
A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias. O incendio comezou ás 15,47 h. desta tarde e permanece activo arestora.
Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas. No seu control levan traballado 4 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.