publicidade hoxe

Xunta e Fundación Paideia Galiza coinciden na necesidade de potenciar os programas formativos para mellorar a inserción laboral das persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro mediante videoconferencia con representantes do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Fundación Paideia Galiza (A Coruña), dedicado a mellorar a ocupabilidade dos colectivos máis vulnerables.

Deste xeito, Casal situou á formación no centro da recuperación económica e laboral, asegurando que unha incentivación das competencias permitirá potenciar a competitividade dos profesionais e reforzar así o tecido empresarial, especialmente pemes e autónomos. Unha incentivación que respondería de maneira efectiva ás demandas das propias empresas, facilitando unha maior incorporación e un rendemento máis diversificado.

O director apuntou aos programas formativos como dinamizadores do emprego, salientando o papel que desempeñan como resposta á nova realidade económica poscovid-19. A este respecto, o responsable de Orientación e Promoción Laboral subliñou a vontade da Xunta de reactivar a formación presencial (reformulada a un formato en liña durante o estado de alarma) a partir do vindeiro 1 de xullo, prolongando o calendario lectivo para recuperar as sesións suspendidas por mor da pandemia.

O programa formativo da Fundación Paideia Galiza conta coa participación de 100 usuarios, principalmente persoas desempregadas con discapacidade. O alumnado recibe formación certificable en operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, ademais de educación transversal economía verde, ofimática aplicada aos postos de traballo ou mantemento de edificios ou locais. Os participantes tamén contan con aprendizaxe en novas tecnoloxías e asesoramento para o emprendemento, ademais de medidas de conciliación para favorecer a igualdade de oportunidades.

17 de xuño de 2020 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.