publicidade hoxe

Os test enviados polo Ministerio necesitan complementarse coas probas de PCR, segundo os profesionais da Comisión de xestión de crise sanitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Os test que foron enviados polo Ministerio a Galicia teñen unha utilidade tan só complementaria doutras técnicas de diagnósticos na detección de infeccións polo virus COVID-19, segundo conclúen profesionais que forman parte da Comisión de xestión da crise sanitaria.

Neste sentido, un dos seus membros, o xefe de servizo de Microbioloxía do CHUVI e catedrático da USC, Benito Regueiro, explica que os test distribuídos valen exclusivamente para valorar se unha persoa tivo contacto co virus, pero non permiten realizar un diagnóstico clínico: “Non son en sentido estrito un test de diagnóstico, xa que o único que valoran é a resposta de defensa da persoa”.

Regueiro explica que os devanditos test serven para complementar as probas diagnósticas como as PCR que xa está realizando o Sergas: “Serven só para valorar se a persoa tivo contacto co virus, e sempre que sexa alguén que non teña unha inmunosupresión de base”.

11 de abril de 2020 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.