publicidade hoxe

A Xunta dita o peche cautelar das vivendas comunitarias Burón I e II, na Fonsagrada, tras o traslado de todas as persoas residentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de ditar o peche cautelar das vivendas comunitarias Burón I e II, situadas no concello da Fonsagrada, tras ordenar o traslado de todas as persoas que residían nelas.

Tómase esta decisión despois de que a inspección de servizos sociais recibise onte un informe dos servizos sociais da Fonsagrada que alertaba de posibles irregularidades. A inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia desprazouse de xeito inmediato a estas vivendas comunitarias para corroborar estes feitos e deu aviso á Garda Civil.

O obxectivo do traslado dos residentes é garantir que as persoas maiores que eran usuarias destes centros gocen da atención e dos coidados sociosanitarios que necesitan.

A Xunta de Galicia dá traslado tamén á Fiscalía dos feitos constatados nestes centros pola inspección de servizos sociais, por se puidesen ser constitutivos de ilícito penal.

8 de abril de 2020 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.