A Policía Autonómica denuncia a catro persoas por infrinxir o estado de alarma ao estar consumindo bebidas nun mesón en Santiago
A Policía Autonómica denunciou a catro persoas por infrinxir o vixente Real Decreto do Estado de Alarma ao estar consumindo bebidas nun mesón en Santiago, no que entraban por una porta lateral.
Este martes, axentes da policía recibiron unha chamada dun particular, que informaba que nun bar-mesón situado en Santiago, estaba entrando xente, polo que os axentes procederon a efectuar vixilancia sobre o local, comprobando que aínda que a porta principal permanecía pechada pola persiana metálica, unha porta lateral, onde aparcaran unha furgoneta para ocultala, estaba aberta. Observaron así mesmo que os posibles clientes aparcaban os seus vehículos no aparcamento privado do propietario e accedían ao local ocultándose detrás da devandita furgoneta.
Foron identificados no interior do local tres clientes, consumindo bebidas, así como o propietario do mesmo, sendo todos eles denunciados por infracción ao vixente Real Decreto do Estado de Alarma.