publicidade hoxe

O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 46 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 31 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de febreiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 17 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65% e do 35% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 15
Lugo: 2
Ourense: 7
Pontevedra: 22
Total Galicia: 46

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

3 de febreiro de 2020 | 15:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.