publicidade hoxe

Xunta e Ibermutua Galega avanzan na tramitación do novo centro integral de servizos no antigo Policlínico Cíes de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPontevedraPortada dereitaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia e representantes de Ibermutua Galega perfilaron hoxe os últimos detalles do proxecto básico de adaptación do antigo Policlínico Cíes de Vigo, avanzando así na tramitación do novo centro integral de servizos que ten proxectado a entidade na cidade.

Nunha reunión celebrada este xoves na Delegación Territorial de Pontevedra entre representantes de Ibermutua Galega, resultado da fusión entre Ibermutuamur e Mutua Galega, revisaron hoxe os últimos flocos do plan de protección do edificio, con algunhas consideracións que a entidade se comprometeu a resolver nas vindeiras semanas.

A nova propietaria do antigo Policlínico Cíes, líder na Comunidade por cota de mercado, proxecta un centro integral de servizos asistenciais e administrativos, dotado das técnicas terapéuticas máis avanzadas, que estará operativo, segundo as estimacións da entidade, no primeiro trimestre do 2022. A inversión prevista é de 13 millóns de euros.

Cómpre lembrar que a operación de adscrición do inmoble a Ibermutua Galega, tras unha poxa deserta e sen ofertas presentadas, formalizouse por parte da Tesorería General de la Seguridad Social o pasado mes de maio, co mesmo prezo co que saíra a poxa pública; 3,5 millóns de euros.

Este centro estaba pendente da súa reconversión desde o peche do Hospital Xeral de Vigo no 2015.

16 de xaneiro de 2020 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.