publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación do proxecto de construción da senda peonil e ciclista que conectará Bagüín e Seixo, no Concello de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e do proxecto de construción da senda na estrada PO-551, no treito entre Bagüín e Seixo, no Concello de Marín.

O proxecto, cun orzamento de preto de 700.000 euros, consiste na construción dunha senda de 940 metros na marxe dereita da estrada. O itinerario desenvolverase no tramo entre o punto quilométrico 2+815, na intersección á altura da Cova da Moa cunha vía municipal que vai ao paseo polo bordo litoral entre a Escola Naval de Marín e a Praia de Aguete e o 3+750, conectando coa beirarrúa de Bagüín.

A estrada conta cunha senda ata o punto quilométrico 2+910 pola marxe esquerda, polo que para facilitar o cruce está prevista a sinalización dun paso de peóns con semáforo con pulsador antes da parada de bus existente.

Proxéctase unha senda de formigón coloreado en paralelo á estrada, respectando a actual beiravía, cunha sección mínima de 1,8 metros.

Executarase unha pequena estrutura de aproximadamente 40 metros de lonxitude á altura do punto quilométrico 3+100, punto no que existe unha obra de paso.

A intervención contempla a mellora do acceso á praia de Aguete. A estrada non dispón nesta zona de carril central que permita a incorporación á PO-551, polo que o proxecto prevé ampliar a plataforma da estrada entre os puntos 2+855 e 2+965, facilitando as manobras e contribuíndo, desta forma, a mellorar a mobilidade, en condicións seguras dos distintos usuarios da vía.

O proxecto desenvolve unha das seis sendas enmarcadas no Plan de Sendas na Comarca do Morrazo, e a obra será cofinanciada con FONDOS FEDER 14/20.

12 de agosto de 2019 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.