publicidade hoxe

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello coruñés de Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOutesPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica, coa colaboración de axentes forestais, veñen de esclarecer un incendio forestal ocorrido no concello de Outes (A Coruña).

Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Santiago, en colaboración co persoal do Distrito forestal IV-Barbanza, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 12 de xullo, na parroquia de Cando, concello de Outes, no que arderon 0,47 Has de superficie rasa e 0,03 Has de arborada.

O lume orixinouse cando o investigado realizaba traballos de roza con maquinaria, nas inmediacións da estrada provincial DP5602, ao seu paso pola localidade de Outes.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Muros (A Coruña).

Na actual campaña antiincendios forestais do 2019, un total de 53 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

16 de xullo de 2019 | 14:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.