publicidade hoxe

Infraestruturas e Mobilidade acomete tarefas de conservación e limpeza no río Barcés ao seu paso polo Concello de Abegondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Barcés, no Concello de Abegondo.

Estes traballos de mantemento se están a levar a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Aquelabanda, na parroquia de Sarandóns (Santa María).

As obras céntranse no desbroce de maleza das marxes, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

18 de xullo de 2019 | 14:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.