publicidade hoxe

A Xunta publica a transferencia a prol do concello de Bueu do treito da vía provincial que une os núcleos da Portela a Ermelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuLocal PortadaPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a transferencia a prol do Concello de Bueu do treito da estrada provincial EP-1306, que comunica os núcleos da Portela a Ermelo.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://xurl.es/n1qma

O concello pontevedrés solicitou á deputación provincial o cambio de titularidade deste treito de case 4 quilómetros de lonxitude, desde o punto quilométricos 0+000 ao 3+973, que é de facto o acceso principal entre este lugares. A petición municipal prodúcese tras o acordo acadado co organismo provincial para que se execute o acondicionamento e mellora da seguridade viaria do citado tramo.

A Administración provincial de Pontevedra considerou axeitado o cambio de titularidade a prol do entidade local, polo que emite informe favorable para a transferencia deste treito e solicita o cambio de titularidade destas estradas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A transferencia a prol do Concello de Bueu deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que foi aprobado por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade publicado hoxe no DOG, o Concello pontevedrés terá a competencia para actuar en ambas as vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

15 de xullo de 2019 | 14:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.