publicidade hoxe

A Xunta inicia a construción de dous itinerarios peonís na estrada OU-300 ao seu paso polo concello da Bola, cun investimento de 48.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal PortadaOurensePortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comeza hoxe as obras de construción de dous itinerarios peonís na estrada de titularidade autonómica OU-300, en Murzás e entre A Badía e o Cruce Aldea Ferreiro, ao seu paso polo concello da Bola

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade conta cun orzamento de 48.000 euros e foi adxudicada á empresa Consernor. O prazo de execución das obras é de 2 meses.

A actuación persegue a mellora da seguridade viaria nesta vía autonómica no seu percorrido polos núcleos de Murzás e Santa Baia, mediante a execución de dous tramos de senda nesta estrada e dotando de beirarrúas ás zonas que carecen das mesmas na actualidade.

Segundo o proxecto previsto, nos dous treitos de senda que se prevén, o itinerario terá a sección dunha gabia transitable de formigón pola marxe dereita da estrada baixo a que discorrerá un colector para a drenaxe das augas pluviais.

Cómpre lembrar que esta actuación se enmarca na estratexia deseñada polo departamento de Infraestruturas da Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.

A consellería, mediante este tipo de actuacións, busca dotar os concellos de itinerarios seguros, sustentables e integrados na paisaxe para facilitar os desprazamentos cotiáns dos veciños.

16 de xullo de 2019 | 14:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.