publicidade hoxe

A Xunta colaborará co concello de Valga na dotación de mobiliario das novas oficinas do xulgado de Paz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaValga
A-
A+

A Xunta, en colaboración co concello de Valga, investirá 10.000 euros en dotar de mobiliario completo ás novas oficinas do seu xulgado de Paz. O orzamento tamén se destinará a achegar o equipamento necesario á nova sala de audiencias.

Así o sinalou hoxe o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, durante unha visita a este concello pontevedrés e ás novas instalacións onde está o novo mobiliario, na que estivo acompañado polo alcalde, José María Bello Maneiro. Para articular esta axuda, Xunta e concello asinaron un convenio de colaboración.

Esta iniciativa inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego, dentro das súas competencias, para modernizar e mellorar a Administración de Xustiza.

Ao respecto, destacan avances importantes como o Plan de infraestruturas xudiciais, no que se levan investidos máis de 100 millóns de euros; o Plan de Renovación de Mobiliario e de instalación de armarios rodantes nos arquivos, que sumarán un investimento de 4,7 millóns de euros ata 2021; ou o Plan Senda 2020, cunha investimento de 50 millóns de euros desde 2009, que facilitou que Galicia xa teña en marcha todas as pezas necesarias para poñer en marcha o Expediente Xudicial Electrónico.

19 de xullo de 2019 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.