publicidade hoxe

A Xunta adxudica as obras de reparación da depuradora municipal de Paradivas, en Caldas, coa previsión de executalas en agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras de reforma da depuradora municipal de Paradivas, en Caldas.

Os traballos foron adxudicados á empresa Viaqua Gestión Integral de Augas de Galicia S.A.U. por un importe de máis de 36.300 euros e a previsión é que os traballos comecen a executarse en agosto.

Trátase dunha actuación comprometida ao alcalde de Caldas pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para dar apoio ao Concello no exercicio das súas competencias.

O obxectivo último da actuación é pór en funcionamento unha infraestrutura que se atopa inoperativa

Agárdase que a depuración das augas residuais contribúa a reducir a entrada de nutrintes no encoro e, en consecuencia, a proliferación de algas
As últimas analíticas volveron descartar a presenza de toxinas no encoro da Baxe, como en todas as ocasións anteriores

As actuacións de mellora do funcionamento da EDAR

Propóñense unha serie de medidas destinadas a mellorar o funcionamento da EDAR e conseguir, polo tanto, reducir a carga de contaminación vertida ó medio. E aquí os primeiros traballos pasan polo baleirado e limpeza da estación depuradora e a substitución de equipos avariados.

Para o correcto funcionamento da EDAR inclúense distintas actuacións necesarias para regular o caudal que chega á mesma, a través da execución dunha arqueta aliviadoiro e condución de by-pass e a instalación de caudalímetro de auga tratada e sonda de oxíxeno. Os traballos tamén permitirán mellorar o illamento das casetas evitando a entrada de auga dentro das mesmas.

19 de xullo de 2019 | 14:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.