publicidade hoxe

A Xunta aposta pola colaboración institucional e a formación especializada para avanzar na loita contra o narcotráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Inauguración da xornada

Inauguración da xornada

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da colaboración institucional e da formación especializada e continua dos axentes e profesionais para seguir avanzando na loita contra o narcotráfico.

Así o destacou hoxe durante a inauguración na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) do foro Desafíos actuais da loita antidroga, impulsada en colaboración coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN). No acto tamén participaron o patrono da FGCN, Jaime Iglesias; o xeneral da XV zona da Garda Civil, Luis Francisco Rodríguez; o xefe superior da Policía Nacional de Galicia, Manuel Vázquez; e a delegada especial en Galicia da Axencia Tributaria, María Imelda Capote.

A xornada, dirixida a membros das unidades antidroga da Garda Civil, Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira, abordará cuestións prácticas como a figura do axente encuberto, a colaboración internacional ou a intervención de bens. O seu obxectivo principal é analizar a situación actual da loita contra o narcotráfico en Galicia e avaliar propostas de mellora entre os interlocutores expertos.

Trátase do terceiro ano que se realiza esta xornada, como resultado da colaboración da AGASP e a FGCN. Ademais, a Xunta tamén vén colaborando con esta Fundación a través doutras actuacións, como o convenio asinado en 2015 para a xestión de bens comisados en delitos contra o narcotráfico.

5 de xuño de 2019 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.