Rueda participa na conmemoración do 175 aniversario da fundación do corpo da Garda Civil

Alfonso Rueda no acto conmemorativo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá no Pazo de Mariñán nos actos de conmemoración do 175 aniversario da fundación do corpo da Garda Civil. No acto tamén participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.











