publicidade hoxe

O Technium R encounter de Ourense permite achegar aos máis novos as ferramentas da fábrica do futuro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada esquerda
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe en Ourense que o Technium R Encounter, que reúne durante toda a fin de semana a arredor de 500 afeccionados e profesionais da informática, permite achegar aos máis novos dun xeito lúdico tecnoloxías como a realidade virtual, a robótica ou a impresión 3D, ferramentas de traballo da fábrica do futuro.

Na súa intervención, o conselleiro apuntou que esta cita, que promove o intercambio de coñecementos e que inclúe distintas actividades como obradoiros e conferencias, é unha gran oportunidade para coñecer as últimas novidades tecnolóxicas que xa están no mercado.

Do mesmo xeito, fixo fincapé en que esta cita está centrada no talento e na creatividade, e contribúe a que a sociedade galega vaia incorporando as novas tecnoloxías desde o punto de vista da actividade económica, favorecendo que o talento vinculado á informática reverta no tecido empresarial.

Francisco Conde sinalou que a cuarta revolución industrial está a facer da tecnoloxía dixital o gran elemento transformador, apuntando que calquera empresa que queira ser hoxe en día competitiva e eficiente ten que dar o salto dixital.

Nese sentido, cómpre sinalar que en Galicia as empresas aumentaron nun 80% o investimento en tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), ata superar os 364 millóns de euros. Ademais, un 13% das empresas galegas con 10 ou máis traballadores xa emprega robots, o que sitúa a Comunidade dous puntos por riba da media estatal.

3 de maio de 2019 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.