publicidade hoxe

O Salón Teatro acolle a proxección das nove películas que integran a II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será a sede da II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney, que proxectará nove títulos de ficción e documentais de recente produción, coa finalidade de estreitar lazos entre España e América a través do audiovisual. Por este motivo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de prensa na que o director do certame, Alberto Domínguez Ojea, deu conta desta iniciativa organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

A II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney comezará o luns 20 de maio coa entrega do Premio Revbela ao fotoxonalista Xabier Bauluz e a proxección do filme ¡Las sandinistas! A carteleira inclúe os títulos El pacto de Adriana e Sueño en otro idioma (martes 21), Chavela e Sinfonía para Ana (mércores 22), Hasta los dientes e La noche de 12 años (xoves 23), e Espero tua (re)volta e Venneo (venres 24). As sesións dan comezo ás 20,00 e ás 22,00 h. e o prezo das localidades é de 3 euros.

13 de maio de 2019 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.