publicidade hoxe

Nava Castro imparte unha masterclass na Escola Universitaria de Turismo CENP ante futuros profesionais do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Nava Castro na visita á escola

Nava Castro na visita á escola

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, impartiu hoxe unha masterclass para os alumnos de 4º curso do dobre grao de Ciencias Empresariais e Turismo da Escola Universitaria de Turismo CENP da Coruña na que compartiu con eles as oportunidades que o turismo abre na Comunidade. Detívose nas claves da gobernanza turística e recordou a importancia de aproveitar as sinerxías creadas entre os diferentes órganos e entidades con competencias nestes.

Debateuse, ademais, sobre as oportunidades que traerán consigo a celebración do Xacobeo 2021 e as melloras na conectividade para Galicia e se puxeron sobre a mesa as demandas e necesidades dos estudantes participantes, cuxa contribución será clave para asentar uns cimentos sólidos do futuro turístico de Galicia, dixo Nava Castro. A xornada enmárcase no traballo da Consellería de Cultura e Turismo por reforzar a concienciación e sensibilización entre as novas xeracións ao redor da importancia presente e futura do turismo en Galicia.

16 de maio de 2019 | 15:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.