A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Umia ao seu paso por Caldas de Reis, Cuntis e Moraña
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Umia aos seu paso polos concello de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.
Estes traballos de mantemento levaranse a cabo no treito interurbano deste río, no perímetro do encoro da Baxe.
As obras centraranse na xestión da biomasa dentro da zona, e comprende traballos de roza nas beiras dos camiños perimetrais e mantemento de zonas de plantación.
O Goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de conservación, mantemento e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.