publicidade hoxe

Patrimonio ratifica que o edificio de Correos de Lugo está protexido polo catálogo do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaLugoLugoPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ratifica que o edificio de Correos de Lugo, anexo á estación de ferrocarril, está protexido polo catálogo do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM). Neste sentido, aclara que o proxecto para a execución da futura estación intermodal da capital lucense, que prevé a súa demolición, non foi presentado á Xunta, que en base a dita protección deberá sometelo á autorización de quererse levar a cabo.

O deseño exposto esta semana polo Ministerio de Fomento e polo Concello de Lugo non foi remitido á Consellería de Cultura e Turismo. A Dirección Xeral de Patrimonio só recibiu consultas informais durante a redacción do anteproxecto, cando se ofreceu a asesorar tecnicamente aos seus responsables. En todo momento, informouse de que o edificio protexido, tal e como consta na ficha de dito catálogo, inclúe tanto o da estación de ferrocarril como de Correos, tal e como claramente nos planos da ficha do catálogo.

As obras deben ser autorizadas pola Consellería de Cultura e Turismo e sempre deben ir encamiñadas a garantir a contemplación adecuada do edificio catalogado, manter os valores ambientais e harmonizar coas condicións do ámbito.

7 de marzo de 2019 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.