publicidade hoxe

Feijóo: “Galicia é a proba de que unha economía baseada na estabilidade e a responsabilidade dá bos resultados”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada esquerda
A-
A+
Acto de toma de posesión da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas de Pontevedra

Acto de toma de posesión da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas de Pontevedra

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe que Galicia é a proba de que unha economía baseada na estabilidade e a responsabilidade dá bos resultados. “Non hai fórmulas máxicas, só previsión e traballo”, afirmou.

Durante o acto de toma de posesión da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas de Pontevedra, Feijóo aseverou que non se pode gobernar sen a economía ou “contra a economía”; e, incidiu na necesidade de apostar por unha xestión responsable e honesta capaz de construír políticas sustentables, “porque a deshonestidade política só conduce ás nacións e aos pobos a abismos dos que despois custa moito saír”, abundou, referíndose ao Brexit como outro exemplo da aposta pola desunión que nos leva á inestabilidade.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta aseverou que foi así como Galicia superou a crise económica, apostando pola estabilidade e pola responsabilidade para preservar a súa autonomía e a súa solvencia. E, todo iso, traduciuse nos datos económicos que revelan que a Comunidade acadou un superávit en 2018.

Logo de salientar que non se poden negar os síntomas de desaceleración económica que empezan a apreciarse, o responsable autonómico fixo fincapé na importancia do traballo conxunto. E concluíu aseverando que a mellor maneira de estar preparados é sempre admitir as dificultades que se albiscan no horizonte e compartir esa preocupación cunha sociedade madura e responsable, que quere saber a verdade, “e que non nos encarga a tarefa de gobernar para ocultar os problemas, senón para describilos e resolvelos entre todos”.

26 de marzo de 2019 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.