publicidade hoxe

Ethel Vázquez destaca o CITEEC como polo de coñecemento e investigación que facilita o labor dos enxeñeiros e contribúe a incrementar o benestar dos cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou hoxe o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña, do que salientou que é un polo de coñecemento e investigación que facilita o labor dos enxeñeiros e contribúe a incrementar o benestar dos cidadáns e a competitividade de Galicia.

Vázquez Mourelle explicou que se trata dun centro de referencia que dende o ano 2.000 desenvolve investigacións punteiras nunhas instalacións modernas para albergar ensaios de gran envergadura nos distintos eidos da enxeñería civil.

Os seus laboratorios cobren practicamente todas as grandes áreas de actividade da edificación e da enxeñería civil: estradas e xeotecnia, construción, hidráulica, enxeñería ferroviaria e transportes, entre outras.

Os traballos neste centro permiten analizar desde a resistencia, a durabilidade ou o comportamento de materiais e estruturas que se empregan cada día na construción de estradas ata a última tecnoloxía ferroviaria ou portuaria, pasando polos sistemas máis innovadores en materia saneamento.

A conselleira subliñou que “Galicia conta cun moi bo sector da enxeñería reflectido nos profesionais e empresas que destacan en todo o mundo polo seu bo facer no eido do medio ambiente, da ordenación do territorio, da aeronáutica, da saúde ou da loxística”.

20 de marzo de 2019 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.