publicidade hoxe

Fundación Pública Camilo José Cela e Concello de Rois asinan un convenio para potenciar a realización de actividades de formación e especialización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrónPortada dereitaRois
A-
A+

A Fundación Pública Camilo José Cela (CJC), a través do seu presidente, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, ven de asinar un convenio de colaboración co concello de Rois que permitirá potenciar a realización de actividades de formación e especialización do alumnado do programa Xuventude en Acción 2018, realizado conxuntamente polos concellos de Dodro, Padrón e Rois. O obxectivo desta colaboración é contribuír a unha mellor e máis completa formación e cualificación do alumnado que participa neste Obradoiro de Garantía Xuvenil.

De acordo con este convenio, os alumnos de Promoción Turística Local e Información ao Visitante poderán desenvolver prácticas tuteladas nos programas, proxectos, actividades e servizos da Fundación Pública CJC. Deste xeito, os estudantes, un máximo de dez, terán a oportunidade de participar nas actividades postas en marcha pola Fundación durante un período de dous meses e medio. Ao longo deste tempo estarán titorizados polo persoal da Fundación Pública CJC en colaboración permanente cos docentes do obradoiro.

A Fundación do escritor galego ven así a sumar unha institución máis dentro do seu programa de apoio á formación dos futuros profesionais do eido cultural e que ven xa desenvolvendo desde fai anos cos convenios asinados coa Universidade de Santiago e coa Universidade de Vigo.

19 de febreiro de 2019 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.