publicidade hoxe

A Xunta inicia os traballos de mellora da estabilidade dun noiro na estrada PO-551, en Mogor, no concello de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínPontevedraPortada esquerda
A-
A+

A Xunta iniciará mañá os traballos de mellora da estabilidade dun noiro na estrada Marín- Rande (PO-551), na parroquia de Mogor, para o que será necesario pechar ao tráfico o carril esquerdo no treito da actuación.

As obras de acondicionamento levaranse a cabo no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+820, á saída de Marín, e o 0+950, cuxo carril esquerdo se cortará ata o venres da vindeira semana.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executa estas obras de sostemento co obxectivo de solucionar os problemas de desprendementos de material que se producen en inverno neste treito.

Os traballos, cun orzamento de máis de 26.000 euros, consistirán na instalación de bulóns, gunitado de formigón nunha zona puntual e a colocación dunha malla de protección.

18 de febreiro de 2019 | 15:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.