publicidade hoxe

O servizo de asistencia xurídica gratuíta da Xunta superou as 7.000 actuacións na Coruña e a súa área de influencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe a un encontro de traballo con Presidente do Colexio de Avogados, Augusto Pérez-Cepeda e co Presidente do Colexio de Procuradores, Javier Carlos Sánchez para facer balance do servizo de asistencia gratuíto na Coruña e a súa área de influencia. Concretamente, o Delegado da Xunta informou que, no ano 2018, se levaron a cabo na Coruña e nos partidos xudiciais da súa influencia máis de 7.000 actuacións para atender ás persoas beneficiarias por este servizo gratuíto da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O ámbito de actuación dos Colexios da Coruña, que conta con 839 avogados nos sistema de Quenda de Oficio, son os partidos xudiciais da Coruña (647), Betanzos (50), Carballo (42), Corcubión(22), Muros 12), Noia (21), Riveira (45).

A Xunta inverteu no 2018 en Xustiza Gratuita, dependente do Colexio de Avogados e Procuradores da Coruña, máis de 2 millóns de euros para atender 2.073 casos de xurisdición civil, 4.174 casos en xurisdición penal, 200 asuntos de xurisdición contencioso-administrativa, 292 casos de xurisdición social, 5 asuntos de xurisdición militar e 295 casos de protección de menores.

No ano 2018 en Galicia incrementouse a partida destinada a este servizo en 200.000 euros.

O delegado territorial informou dos requisitos que se teñen que cumprir os beneficiarios para acceder a este servizo do goberno autonómico. Concretamente, teñen dereito a esta prestación gratuíta os cidadáns españois, os nacionais e os dos demais Estados membros da Unión Europea e os estranxeiros que residan legalmente en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar.

Os estranxeiros non residentes que acrediten insuficiencia de recursos para litigar, terán dereito á asistencia letrada e á defensa e representación gratuítas na xurisdición penal, nos procedementos administrativos ou xudiciais que poidan levar á denegación da súa entrada, á súa devolución ou expulsión do territorio español e en todos os procedementos en materia de asilo.

Como excepción, non será necesario acreditar insuficiencia económica na xurisdición Militar, nin na orde xurisdicional social aos traballadores e os beneficiarios do sistema de Seguridade Social.

En conto aos requisitos económicos teñen dereito a este servizo as persoas físicas cando os seus recursos e ingresos, en cómputo anual e por unidade familiar, non superen o dobre do salario mínimo interprofesional vixente no momento de efectuar a solicitude. En canto as persoas xurídicas teñen dereito á Xustiza Gratuíta cando a súa base impoñible no Imposto de Sociedades sexa inferior á cantidade equivalente ao triplo do salario mínimo interprofesional en cómputo anual.

Ovidio Rodeiro destacou que a Xunta de Galicia “reafirma o seu compromiso coa Quenda de Oficio como un servizo fundamental para garantir a igualdade de acceso á Xustiza de toda a cidadanía”. O pasado ano 2017, Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consello da Avogacía Galega asinaron un novo acordo que incrementou as compensacións económicas destinadas aos colexios de avogados e procuradores polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta, situando á nosa comunidade á cabeza de España no referente ás remuneracións dos letrados da quenda de oficio.

No encontro o delegado territorial tamén fixo referencia a algunhas das obras que se están realizando na Coruña como a mellora do envolvente e instalación da caldeira de gas no Tribunal Superior de Xustiza que conta cun investimento de máis de 536.000 euros. Ademais, entre as obras menores, realizadas no 2018 destacan a reparación da fachada do Rexistro Civil, o pintado dos Xulgados Nº2 e Nº3 de Betanzos e substitución do sistema de detección de incendios no Xulgado da Coruña, actuacións que superan os 50.000 euros.

22 de xaneiro de 2019 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.