publicidade hoxe

A Xunta incrementa en 65 o número de prazas públicas de atención á discapacidade nos centros de Agasfra en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+

A conselleira de Política Social, Fabiola García, recordou que a Xunta incrementou en 65 o número de prazas públicas de atención á discapacidade nos centros que xestiona en Vigo a Asociación Galega San Francisco (Agasfra). Destas novas prazas, 25 corresponden ao servicio de atención residencial terapéutica, outras 25 para o centro ocupacional e 15 son de centro de día. En total, esta entidade conta con 159 prazas públicas, nas que se invisten preto de 2,5 millóns de euros, un 15% máis que no ano 2009.

O apoio da Xunta a Agasfra é unha mostra máis do compromiso do Goberno galego coa mellora da atención ás persoas con discapacidade e as súas familias. Así, Fabiola García fixo fincapé en que que nos Orzamentos deste ano 2019 se invisten máis de 66 millóns de euros para consolidar a rede de prazas públicas de atención á discapacidade. Sumando todas as actuacións no eido da discapacidade, nas contas da comunidade autónoma (que xa están en vigor desde o 1 de xaneiro) contémplase un investimento de 106 millóns de euros, un 63% máis que hai dez anos.

Este feito, indicou Fabiola García, expresa a vontade social da Xunta, ao tempo que ratifica a aposta por seguir a traballar de maneira conxunta coas entidades sociais na procura “dunha Galicia na que ter diferentes capacidades non signifique ter menos oportunidades”.

16 de xaneiro de 2019 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.