A Xunta colabora coas entidades locais galegas cun programa que incentiva a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero dotado con 2M€

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Fegamp, Alfredo García, onde o vicepresidente trasladoulle que o Goberno galego porá en marcha, este mesmo ano, un programa de cooperación coas entidades locais para a contratación directa de mulleres vítimas de violencia de xénero, dotado con 2 millóns de euros.

No marco da reunión, na que tamén participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, avanzouse tamén que tamén para este ano, de xeito novidoso, a Xunta engade unha nova liña de axudas, por importe de 800.000 euros, para que os concellos leven a cabo programas de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, priorizando que faga especial incidencia no ámbito rural.

Seguindo esta liña de colaboración entre Xunta e concellos, que este ano está moi reforzada polo desenvolvemento do Pacto de Estado, dáse a continuación coa orde de axudas aos concellos galegos en materia de Igualdade, para fomentar a conciliación, promover a igualdade e para contribuír ao mantemento dos Centros de Información á Muller (CIMs) que conta cun orzamento de arredor de 5 millóns de euros.

Máis medidas ao abeiro Pacto de Estado
Nesta liña, a Xunta continúa desenvolvendo medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, considerado un dos temas centrais do Goberno galego para este ano, no que todos os departamentos están involucrados.

A Xunta dispón de 8 millóns de euros anuais para desenvolver o Pacto de Estado e os concellos 1,2 millóns de euros, polo que é segundo indicou o vicepresidente agora é preciso sumar e non duplicar. O Goberno galego, inda que os concellos reciban fondos directamente procedentes do Estado, incrementa as achegas aos concellos para fomentar a igualdade e loitar contra a violencia,e pon en marcha novas medidas, como máis formación en igualdade na EGAP, que beneficiará tamén ao persoal da Administración local. Apoio ás entidades locais para poñer en marcha puntos de atención e prevención da violencia sexual en festas de interese turístico. Nova liña de prevención dirixida especialmente á mocidade. Formación específica en violencia de xénero para os policías locais.

23 de xaneiro de 2019 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.