publicidade hoxe

Medio Ambiente adxudica 10 vivendas de promoción pública en alugueiro no concello das Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia realizou hoxe o sorte polo cal se asignan entre os adxudicatarios un total de dez vivendas de promoción pública no Concello das Pontes. Con este sorteo, asígnase unha vivenda concreta a cada un dos adxudicatarios das mesmas.

As superficies útiles destes inmobles oscilan entre 43 e 55 metros cadrados. Tres das vivendas adxudicadas hoxe contan con dous dormitorios e as outras sete restantes, cun dormitorio. Estes pisos están destinados a persoas menores de 35 anos ou maiores de 65 e todos contan con praza de garaxe e rocho.

En canto aos prezos do alugueiro, estes varían en función dos ingresos de cada un dos adxudicatarios. En todo caso, os beneficiarios neste sorteo abonarán mensualidades por alugueiro que van de 50 a 83 euros.

Dende o IGVS recordan que no Concello das Pontes constan catro vivendas sen adxudicar por falta de demandantes que cumprisen os requisitos establecidos, polo tanto para adxudicación das mesmas abriríase un novo proceso.

8 de novembro de 2018 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.