publicidade hoxe

Valentín García incide na importancia de visibilizar e dinamizar o uso do galego no tecido económico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Presentación da revista promocional da 32ª edición da Feira do Moble de Galicia

Presentación da revista promocional da 32ª edición da Feira do Moble de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á mañá na rolda de prensa de presentación da nova revista promocional da 32ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebrará na Estrada do 19 ao 23 de setembro, e incidiu na súa intervención na importancia de visibilizar e dinamizar o uso do galego no tecido socieconómico. A publicación, que conta co apoio da Xunta de Galicia, dá conta do programa da feira e dos 65 expositores participantes por medio dunha tirada de 4500 exemplares.

O titular de Política Lingüística fixo fincapé durante a súa intervención en que “cómpre entender a aposta pola lingua galega como sinal de denominación de orixe e de autenticidade do moble galego” e recordou que a Xunta de Galicia “conta desde hai dous anos cun Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico co que desenvolver, por primeira vez desde a Administración autonómica e a través de diferentes medidas e accións, as directrices establecidas no Sector 4 do Plan xeral de normalización da lingua galega”.Participaron na presentación canda el o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Nemesio Rey; e mais o presidente da Asociación Comarcal de Empresarios, Fernando Martínez.

Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020

A Xunta de Galicia aprobou hai dous anos, en agosto de 2016, o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, un documento que recolle distintas medidas e accións para a implantación e consolidación do uso do uso do idioma galego no sector económico, acordado e completado coas achegas de 314 axentes implicados no sector económico, ademais do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega.

O documento estrutúrase atendendo a tres obxectivos estratéxicos principais, nomeadamente crear consciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relación laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua galega no ámbito económico, nas relacións laborais, comerciais e empresariais, tanto na oferta coma na demanda de produtos e servizos; utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado.

6 de setembro de 2018 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.