publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sométese a información pública o proxecto das sendas peonís e ciclistas entre Mandín e As Torres e en Fontán, nos concellos de Oleiros e Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaOleirosSada
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de itinerarios peonís e ciclistas na estrada AC-163, en Fontán e na AC-182, entre Mandín e As Torres.

Este proxecto contará cun investimento económico de preto de 470.000 euros. O prazo para a presentación de alegacións e informes abranguerá dende mañá ata o vindeiro 19 de outubro, tal como se indica no DOG: https://goo.gl/sccu7r

Na estrada entre Espíritu Santo e Oleiros (AC-182), defínese un itinerario peonil na estrada entre Mandín e As Torres, que comunica dous tramos que contan con beirarrúas. O treito percorre os Concellos de Sada e Oleiros. A lonxitude aproximada das sendas previstas é de 260 metros.

Na estrada entre Sada e Mera (AC-163) defínese un itinerario peonil en Fontán, en Sada, executándose pola marxe esquerda, salvo un pequeno tramo pola dereita. A lonxitude aproximada das sendas previstas é de 650 metros. A nova infraestrutura posibilitará o acceso a pé desde A Pereira ata Sada.

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, na comarca da Coruña, que recolle a construción de 9 itinerarios que suman 7 novos quilómetros e un investimento duns 5 millóns de euros. A execución destas actuacións será cofinanciada con Fondos FEDER 14/20.

6 de setembro de 2018 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.