Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Porto do Son
Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un lume no concello coruñés de Porto do Son.
O lume tivo lugar o pasado 31 de agosto en San Pedro de Baroña no concello de Porto do Son deu comezo nunha cociña de gas. Afectou a unha superficie de 0,04 hectáreas de arborado. Para a extinción do mesmo foi necesaria a actuación do servizo antiincendios da Xunta de Galicia.
O atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución un funcións de Garda de Noia (A Coruña). No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 38 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.