publicidade hoxe

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO CarballiñoPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense, en colaboración coa Brigada de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) do Distrito XI (O Ribeiro-Arenteiro), esclareceron un lume no concello ourensán do Carballiño. Un veciño de Pereiro de Aguiar de 51 anos é o presunto autor do lume, orixinado o 30 de agosto ás 15.15 horas no lugar de Fontao-Lobas (Santa Ouxea).

O incendio produciuse por mor duns restos de brasas e cinza retirados dunha cheminea e que foron depositados nunha finca propiedade do investigado. O terreo estaba sen desbrozar, o que provocou a propagación do lume pola mesmo. Arderon 0’05 hectáreas de monte raso.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Carballiño. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 35 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

4 de setembro de 2018 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.