publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O XIV encontro de embarcacións tradicionais afondará nas tradicións marítimas galego-portuguesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal PortadaPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se realizará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019 e que terá como principal novidade temática a relación das tradicións marítimas e fluviais galego-portuguesas. Así llelo confirmou esta mañá o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a representantes de Culturmar, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que é entidade organizadora da iniciativa.

A Xunta de Galicia, que tamén vén colaborando co encontro a través da Consellería do Mar, renova o seu compromiso con esta gran concentración bienal de embarcacións tradicionais, da que se cumpren 25 anos en 2018. O programa do encontro ofrece múltiples actividades culturais e de lecer, entre as que destacan xornadas de navegación inclusiva, concertos, exposicións, proxeccións audiovisuais, visitas guiadas por rutas da contorna ou obradoiros de oficios tradicionais, como a carpitería de ribeira, que está camiño de se converter en ben de interese cultural logo do proceso iniciado en 2017 pola Consellería de Cultura e Educación para declarar estas técnicas construtivas como manifestación do patrimonio inmaterial de Galicia.

10 de setembro de 2018 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.